As diferentes lexislacións publicitarias:
Protexen certos grupos poblacionales como os nenos. Desta forma existe en moitos países unha lexislación que non permite algúns anuncios en horas de audiencia infantil.
Limítase a publicidade dalgúns produtos. En España non é posible anunciar tabaco na televisión ou bebidas alcohólicas de máis de 20 grados.
Impiden a falsedad nos anuncios.
Non se adoita permitir que o consumidor sexa enganado.
Publicidade ilícita en España
A Lei Xeral de Publicidade de 11 de Novembro de 1988, é a lei fundamental que regula a publicidade en España, e que recolle no artigo 3, os tipos de publicidade ilegal, e xa que logo prohibida no noso país:
1) A publicidade que atente contra a dignidade da persoa ou vulnere os valores e
dereitos recoñecidos na Constitución.
2) A publicidade dirixida ós menores que lles incite á compra dun ben ou servizo, explotando a sua inexperiencia ou credulidade, na que apareza persuadindo da compra a pais e tutores.
3) A publicidade subliminal: a que póida actuar sobre o público sen que este se dea conta.
4) A que infrinxa o disposto na normativa que regule a publicidade de determinados
produtos, bens, actividades ou servizos.
5) A publicidade enganosa, desleal e a agresiva.
Nos seguintes publicacións imos analizar cada un destes casos de publicidades ilegais. Os alumnos colaboradores, buscaredes exemplos de anuncios ilegais en cada caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario